O proxecto

O proxecto

Pasaporte 0,0 é unha campaña de prevención das adiccións en adolescentes, incluída dentro da área de educación para a saúde da Confederación Don Bosco. Con esta campaña preténdese:

Proporcionar información

Difusión de información veraz sobre as adiccións e os seus efectos negativos.

Ocio saudable

Dar a coñecer alternativas de ocio saudable.

Mitos sobre as adiccións

Desmitificar crenzas erróneas sobre as adiccións.

Reforzar

Reforzar aspectos de compoñente afectivo, actitudes, crenzas e valores relacionados coas adiccións.

Redes sociais

Facer fronte ás presións sociais, desenvolvendo habilidades de resistencia e rexeitamento, así como o fomento da autonomía persoal e a toma de decisións.

Habilidades persoais

Desenvolver habilidades xenéricas para a competencia individual e a interacción social.

Participación

Para deseñar esta app, desde a Confederación Don Bosco decidimos introducir un elemento innovador porque consideramos fundamental contar coa participación de adolescentes e mozos. Para iso utilizamos a metodoloxía scrum e invitamos tanto a mediadores sociais e adolescentes como a pais e nais, profesores e outros expertos en educación e prevención. A través da realización de dinámicas participativas extraemos as liñas principais, ideas para o deseño, xogos e demais elementos e funcionalidades da app. Así mesmo, contamos coa axuda de participantes e animadores dos nosos centros xuvenís para realizar o testeo da app, fundamentalmente a través do Foro de participación infantil e xuvenil. Por todo iso, queremos agradecer a súa colaboración, tempo e esforzo; sen dúbida foi de gran axuda.